Datos do libro

MEMORIAS DUN EXGALEGO
JOSIÑO ARAÚJO

  • Editora LAIOVENTO S.L.
  • Materia NARRATIVA
  • Colección COLECCION XERAL
  • EAN 9788484875499
  • Estado Normal
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 294
  • Tamaño 210x140x20 mm.
  • Peso 235
  • Data de lanzamento: 28/10/2021
Imp.incluídos 21,95€

Sinopse

" Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín " Así arrinca esta biografía de odio . Anxo , o seu narrador e protagonista , é a personificación do autoodio : despreza as súas orixes , a súa terra a súa clase social . Odia a súa deforme nai , o seu fracasado pa , o seu beato irmán , a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo . Odia o cheiro da súa vila mariñeira , odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica ingua . Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea , que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis , polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer . Ninguén o deterá no seu camiño ao " éxito ".

Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e , en moitas ocasións , mortos de risa , ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo . Vantaxista , disoluto , libertino e tamén ruín , perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que , de xeito descarnado e hilirante , nos narra a súa vida . En certos momentos quizais nos lembre , por razóns moi diversas , outros personaxes literarios como Ignatius J.Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si . Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co su trepidante ritmo cinematográfico.

Atención ao inesquecible final .