Opciones
Sinopsis
O profundo é o aire, Aire, aire, aire.
Aire para respirar. Aire para vivir.
Trives ouro, corazón, paraíso natural, aire puro que dá vida á miña vida, mentres vou camiñando cando cae a tarde.
Xosé Luna respira, suspira....
E en cada suspiro, un eco de tenrura. Murmurios de amor que a alma acariña. E é que no aire palpitan segredos de amor, o vento abraza, pétalo a pétalo, poemas e paixón. Si, o aire xa non é aire senón alento e na súa brisa serena entrelázanse os soños. O poeta enamorado, respira fondo, moi fondo. E o vento da Estrada da Vida acariña os seus soños. E é que Xosé respira soños, futuro, paixón galeguidade, solidaridade... Xosé Luna e a súa poesía... respiran vida.