Opciones
Sinopsis
Unha amena e rigorosa guía ilustrada para descubrir o fascinante mundo das rochas e dos minerais.
De onde vén o ouro e por que é tan valioso? Que é a pirita, o xofre? De que está feito o xeo? Onde se encontran a pedra pómez e a arxila? A través de breves textos explicativos, este novo Inventario ilustrado mergúllanos no coñecemento das rochas e dos minerais, desde a súa orixe ata a súa composición, pasando polo seu uso e o seu simbolismo.
Este volume, que fai o número dez, vén acompañado dun catálogo-guía que permitirá lembrar todos os títulos desta orixinal colección na que
conflúen ciencia e ilustración.