Opciones
Sinopsis
Un galo de alta crista fachendoso e falangueiro, unha píntega rastreira cobizosa e pezoñenta e un burro que di que burro foi toda a vida aínda que por veces non o parece, atópanse nunha revolta do camiño e argallan un paln para se introducir na abomiinábel torre onde mora unha poderosa feiticeira.
Semella o inicio dunha fábula sentenciosa, mais só é parte dunha enguedellada historia trufada de ambición, infamia, mesquindade e violencia. Tamén de nobreza, xenerosidade, sabedoría e amor. Unha historia que perturbou moitas vidas e facendas, acontecida nunha rexión do noso país naquela remota época en que os animais adoito eran tamén xente.
A partir de 8 anos