Opciones
Sinopsis
Perfecta Ogaza Fontangordo é unha máis desas mulleres de noso que viven no rural e que forman parte dun grupo de identidade privativo da aldea: as que foron pouco á escola ou menos do que quixeran, as que traballaron duro e arreo, as que non pasarán á historia por telas considerado anónimas e invisibles, as que foron avoas e nais bravas e amorosas, as galegofalantes pero castelán escribidoras, as que viñeron engarzando cada elo da tradición, primeiro como herdeiras e logo como transmisoras.