Opciones
Sinopsis
Hoxe semellan seres de ficción, pero existiron realmente. Son os coñecidos como Escalatorres. Personaxes míticos que, antes da guerra civil, ascendían, sen protección ningunha, ata a cima dos edificios máis emblemáticos de Galicia e do noroeste da península. O granadino Puertollano, que coroou a compostelá Torre Berenguela; o Barquerito, Manuel Escudero, quen vestido de toureiro gabeaba pola torre da Peregrina en Pontevedra, ou o portugués Antonio Sousa e a súa muller, alcumados Os Morcegos, pois escalaban cos ollos vendados a concatedral de Vigo...
Unha novela gráfica que percorre ata quince biografías realmente incribles. A partir destes feitos reais, a ficción sitúase en 1965. Grazas ao daquela alcalde de Pontevedra, Xosé Filgueira Valverde, o escritor Álvaro Cunqueiro coñece ao escalatorres Barquerito. Nun paseo pola cidade do Lérez irán xurdindo, na conversa, os máis famosos gabeadores da nosa historia.
Esta banda deseñada pretende ser tamén unha reflexión sobre o medo e como enfrontarse a el. << Os chinos din que o medo sempre está de costas, que se estivese de fronte non habería ninguén vivo, todos teriamos morrido xa de medo>>, afirmaba Álvaro Cunqueiro.