Opciones
Sinopsis
Un grupo de estudentes abandona a cidade por uns días co obxectivo de artellar con calma a implantación dun sindicato no ámbito universitario, porén, a vida na casa familiar dun deles, situada nunha área rural totalmente allea ao seu modo de vida, obrigaraos a establecer contacto cun mundo que por veces lles resulta extravagante. Coincidindo coa chegada dos rapaces, un estraño accidente de tránsito conmove a localidade, e algo arredor do suceso vai provocar un delator silencio na veciñanza. Unha influencia, aparentemente sobrenatural, irá mergullando os foráneos nunha atmosfera inquietante...