Opciones
Sinopsis
Con limiar de Xosé Manuel Beiras
Unha viaxe ás orixes do socialismo democrático no nacionalismo galego e ás súas contradicións de clase e nación:
Entre a clandestinidade antifranquista e as primeiras eleccións autonómicas naceu e foi evolucionando unha das experiencias políticas máis singulares e influentes da Galiza contemporánea: o Partido Socialista Galego (PSG). Esta obra, froito dunha investigación transdisciplinar minuciosa e de compilación de materiais, percorre a súa traxectoria desde a xénese e a fundación en 1963 ate a década dos 80s do século XX.
Millán Fernández reúne fontes e percorre as alianzas e debates internos dun partido e/ou sucesión de formacións políticas que serviron de ponte entre o galeguismo histórico republicano e o novo nacionalismo marxista radical. Cunha mestura de análise política e relato histórico, e a través de documentos inéditos ou pouco divulgados, testemuñas directas e un sólido marco teórico, este libro resulta nunha reflexión sobre a posibilidade —ou imposibilidade— de construír un socialismo propiamente galego nun tempo de transicións, incertezas e esperanzas.
Unha lectura imprescindible para comprender mellor as raíces do presente e algúns dilemas abertos na historia da esquerda e do nacionalismo galego contemporáneo.