Opciones
Sinopsis
A aparición, en novembro de 1976, de Con
pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín,
supuxo toda unha revolución cultural. Esta
obra marcaría un novo tempo para a poesía
galega. Pola calidade e novidade do seu verso,
mais tamén polo seu singular formato e deseño.
Unha coidada edición facsimilar de Alvarellos
Editora rescata agora esta obra emblemática,
cando se cumpren 50 anos da súa aparición.
Como engadido, incorpora un Epílogo a cargo
do poeta e especialista no autor, Anxo Angueira,
e manuscritos orixinais, moi descoñecidos,
dalgúns dos poemas.
RÉPLICA EXACTA DUN LIBRO INESQUECIBLE
Impresa utilizando o mesmo tipo de papel
kraft de cor marrón no interior e “verxurado”
na cuberta, esta edición facsimilar é pois
unha perfecta réplica da orixinal de 1976: no
formato (18 x 20,2 cms), nas cores amarela
escura da capa e na violeta para todos os textos,
na tipografía, e mesmo foi encadernado
manualmente, pegando as lapelas, tal e como
se presentaba na súa edición príncipe.
«O libro padeceu un boicot, pero venceu
polo deseño», afirma hoxe Méndez Ferrín.
«Esta obra tíñao todo para se converter nun
referente poético daqueles anos, pero tamén
para erixirse, como se erixiu, nun artefacto
literario cuxa vixencia permanece cincuenta
anos despois».