Opcións
Sinopse
Este proxecto documental sobre Ricardo Carvalho Calero ( Ferrol , 1910 - Santiago de Compostela 1990 )é un breve percorrido pola vida e a obra dun ser humano extraordinario . Galeguista , independente , poeta , novelista , dramaturgo , profesor , ensaísta , filólogo , investigador rigoroso e infatigable loitador , honesto e sempre comprometido co país , a súa é a historia épica dun resistente . É a biografía dunha figura esencial na historia galega do século XX , un home ao que nada galego lle foi alleo , un Carvlho Calero sen fronteiras ao que lle queremos facer esta pequena homenaxe . Carvalho Calero foi un pioneiro , sempre na vangarda . Desde os primeiros poemas de adolescencia, escritos no Ferrol Vello , até os anos universitarios de líder estudantil en Compostela e o seu compromiso co Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista ...