Datos do libro

GOLFARÓNS DE SANGUE
XOSÉ FARIÑA JAMARDO

  • Editora LAIOVENTO S.L.
  • Materia NARRATIVA
  • Colección COLECCION XERAL
  • EAN 9788484876632
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 245
  • Tamaño 210x140x20 mm.
  • Peso 365 gr.
  • Data de lanzamento: 16/05/2024
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 24,95€

Sinopse

O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfrom, chega arestora ao cumio con Golfaróns de sangue, novela alumeante, chea de tensións lindeiras, dun tempo de vingas sanguentas e crimes arrepiantes.

Fariña Jamardo adopta, nesta novela, unha estratexia complexa, anovadora. O discurso diexético artéllase sobre parámetros temporais dispares, e nárrase dende dúas perspectivas básicas. O autor consegue controlar a situación do axente, en doce escenas independentes, representadas cunha perspectiva externa, transmitida con formas verbais de terceira persoa do cronotipo pretérito. No mesmo espazo tópico, fumegante, da vella conciña aldeá, o derradeiro Xeitoso mantense omnipresente, alo longo da novela. As posturas acougadas, sentado na cadeira, a carón do remol cincento, trócanse nas accións kinésicas de erguerse, acadar a leña para avivecer o fogo, quentar a restregar as mans ateridas, diante das chamas, beber uns grolos de augardente.

Libros de interés da mesma colección
MARIA MARIÑO .NO RONSEL DAS ESCRITORAS GALEGAS
10,00€ %
(ANT. ED.)PROSAS DE COMBATE E MALDICER
11,80€ %
PONDAL: DO DANDYSMO A LOUCURA
24,95€ %
TEATRO IGNORADO (ED. AURORA MARCO)
12,95€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
O XARDÍN DAS SETE PORTAS
19,90€ %
O MISTERIO DO CUARTO AMARELO
18,00€ %
ANICETA / LA TOPITA CIEGA
20,00€ %
MARIELA ENVENENA MIS SUEÑOS
16,00€ %