Opcións
Sinopse
Francisco Miguel(A Coruña, 1897-Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX.
O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e o ano do seu asasinato.
A partir da 1923, e da súa estadía en París, acentúanse os aspectos decorativos na súa obra e cunha tendencia cara a unha arte ligada á volta á orde, con debuxos de corte clasicista, frecuentemente coa súa esposa, a escritora Syra Alonso, como modelo.
Syra e Francisco Miguel vivirán en México entre 1926 e 1933, moi achegados aos intelectuais mexicanos que realizan a revista "Contemporáneos".
Esta publicación quere ser unha contribución á recuperación dun pintor demasiado brillante e intelixente- como dixera o seu amigo, o escritor mexicano "Rodolfo Usigli- para sobrevivir aos escuros tempos que impuxeron en Galiza as hordas de Atila.