Datos do libro

A TRANSFORMACION FEMININA DA REALIDADE . UNHA CUESTION DE
XULIO PARDO DE NEYRA

  • Editora UNIVERSIDADE DE VIGO
  • Materia ENSAIO
  • Colección MISCELANEA .SERIE DE TEXTOS MISCELANEOS
  • EAN 9788481588521
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 112
  • Peso 260 gr.
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 8,00€

Sinopse

A transformación feminina da realidade ofrece unha novidosa visión sobre da literatura galega centrada na imaxe da muller . En virtude de catro imaxinarías concretas , a da muller heroína , a da santificada , a da muller mariña en contraposición coa da virxinal doncela , a da reitora e da muller libre , neste volumen compílanse unha serie de estudos centrados en catro destinos altamente elocuentes : en primeiro lugar María Pita , protagonista dunha peza literaria galega do Barroco até o momento nunca analizada , a seguir Rosalía de Castro , de quen se achegan datos inéditos sobre da súa biografía , en concreto a respecto da súa realidade familiar e a casa en que morreu ( a simbólica Casa d'A Matanza de Iria ), asi como achegándose á súa relación co senador lucense Quiroga y Gómez de Orbán , bisavó de Fole . En terceiro termo aténdese á relevancia da serea do mar de Arousa , agora contraposta á da doncela do océano galego que aínda se sente nas lendas de tradición oral de Terra de Viveiro . Tamén se analiza a dimensión literaria da exraíña Isabel II , protagonista dun himno galego da autoría de Turnes , e finalmente profúndase no igualamento xenérico operado através da fértil lírica medieval galega . Todas elas , visións polas que se efectúa un diálogo capaz de unificar dimensión e proxecto artísticos , en concreto literario , cunha vontade didáctica en redor dun feito até hoxe esquecido e / ou ignorado , amparándose e deitando datos , asi como tamén por medio dunha metodoloxía , que contribúan a unha anánlise moito máis rigorosa e expresiva , integral e integradora , ao chou do papel literario que a figura da muller resumiu nas letras galegas .

Libros de interés da mesma colección
ARQUITECTURA DE ORDENADORES
10,00€ %
NO FONDO DOS ESPELLOS 2015-2020
15,00€ %
LENGUAJE Y MULTILINGUISMO EN LOS MITOS DEL MUNDO
10,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
PARECIA NÂO PISAR O CHÂO
18,00€ %
LINGUÍSTICA ESCREVE-SE COM A
20,00€ %
EL SECRETO ÚLTIMO DE LA REALIDAD
18,00€ %