Condicións de venda

 
CONDICIÓNS DE VENDA 
 
 Os pedidos efectuados xéranse polas condicións particulares acordadas por CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. con cada cliente, así como por aquelas condicións específicas de pedido. Por norma xeral, aos clientes aplicarase un desconto do 30% en libro de fondo e un 20% en libro de texto para artigos de prezo fixo, agás naqueles casos con condicións especiais implantadas pola editora ou a distribuidora. 
 
Todos os pedidos realizados consideraranse en firme salvo os relativos a depósitos ou novidades. 
 
CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. resérvase o dereito para atrasar, suspender ou cancelar ordes de pedido por cantidades pendentes de pago do cliente, por artigos sen stock ou motivos fundados de fraude. 
 
 
Cambios en pedimentos confirmados: 
Non é posible modificar o enderezo de entrega ou títulos despois de confirmar o pedimento, agás que aínda non estea o pedido en precarga ou en orde de traballo de almacén. 
 
Envíos: 
Envío de balde para Galicia se o importe do pedido é superior a 95,00 euros netos sen IVE. 

Os artigos en stock enviaranse de inmediato cun prazo de entrega en Galicia de 1 (ou 2) día laboral, non responsabilizándose do seu incumprimento por causas alléas a CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. 

Cando se realice o envío, o cliente recibirá notificación por correo electrónico. 

O porte de envío para pedimentos que non cheguen a pedido mínimo é 4,10 euros IVE engadido. 

O servizo Dropshipping ten un custe de 3,63 euros IVE engadido. 

CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. non se responsabiliza dos danos derivados de enderezos incorrectos facilitados polo cliente. 

A responsabilidade de CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. queda limitada como máximo ao valor facturado ao cliente pola mercancía danada ou enviada no caso de pérdida, agás nos casos que se produza por causas non imputables a CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. 

 
A mercancía enviada polo noso transportista ten un plazo de reclamación de 3 días hábiles dende a súa recepción, agás para as reclamacións de impresión ou encadernación. 

 
 
Pago: 
Para os clientes de crédito tramitarase recibo domiciliado con vencemento a 30 días de data de factura e CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A. resérvase o dereito de modificar a forma de pago e o vencemento para os clientes que así o considere. 

Os clientes de contado deben proceder a pagar a factura mediante ingreso ou transferencia bancaria á conta de ABANCA ES69 2080 5193 91 3040022404 e enviar xustificante da transación. 

O impago dun xiro no seu vencemento, obrigará ao comprador ao abono dos gastos de devolución que se orixinen derivados do importe xirado e devolto. 

Non se xestionan envíos contra reembolso. 

 
Política de devolucións: 
 
Se o contido do pedimento é incorrecto resolverase esta situación sen perxuízo económico para o cliente se o erro é da distribuidora. 
 
Se é por desistencia do cliente será o comercial quen arranxe esta situación. 
 
Se o pedido chega danado, o cliente debe enviar a documentación que o acredite e será a empresa de transportes quen asuma a recollida sen perxuízo para o cliente, aboando ou repondo a mercadoría. 
 
No caso de recollida de DEPÓSITOS de: 
-          Servizo Novidades, os gastos a conta da distribuidora. 
-          Presentacións, os gastos a conta do cliente. 
-          Feiras, os gastos a conta do cliente. 
-          Depósitos con vencemento,  os gastos a conta do cliente. 
-          Recollida de control de depósitos atemporais, os gastos a medias entre cliente e distribuidora. 
 
No caso de devolver o pedido por calquera outra razón, o prazo máximo para artigos con dereito a devolución que non sexan Texto é de UN ANO, sendo o cliente quen correrá cos gastos de envío e o saldo a favor descontarase de futuras compras sen data de caducidade. 
 
En canto aos libros de texto, só se aceptará o recepcionado no almacén da distribuidora antes do 30 de outubro do 12% do mercado na campaña vixente do ano en curso dende o 1 de xuño até o 30 de outubro previa proposta aceptada pola distribuidora e cuxo importe descontarase de futuras compras sen data de caducidade. 
 
Non se aceptarán devolucións a portes debidos nin libros ou artigos que non estean en perfecta condición para a súa posterior venda. 
 
A Campaña de Texto: 

A campaña de texto vai dende o 1 de xuño até o 31 de outubro do presente ano. 

A mercancía enviada polo noso transportista ten un prazo de reclamación de 3 días hábiles dende a súa recepción, agás para as reclamacións de impresión ou encadernación. 

A devolución de libro de texto é do 12% do total dos libros mercados na actual campaña. 

É obrigatorio facer PROPOSTA DE DEVOLUCIÓN, ben ao teléfono 986405051 ou ao e-mail pedimentos@coegal.com. No exterior do paquete de devolución debe ir rotulado: DEVOLUCIÓN TEXTO NÚM. XXX (número que se lle asigna dende a nosa oficina). Todo vulto recibido sen a conformidade da proposta non se abonará e será comunicado para que pasen a recoller nun prazo non superior a 15 días. 

Non se aceptarán devolucións a portes debidos nin libros en mal estado, con adhesivos, escritos ou plastificados. Deben estar en perfectas condicións. 

A DATA TOPE de DEVOLUCIÓN e CAMBIO é o 31 de OUTUBRO do presente ano. 

Condicións do CAMBIO de libro de texto: libros de fondo da editorial Baía Edicións sen dereito a devolución e asumindo os portes se non chega a pedido mínimo. 

O importe abonado en texto descontarase de futuras compras sen data de caducidade. 
 
 
Se desexa consultar sobre un artigo ou ten algunha outra pregunta pode contactar connosco a través do email pedimentos@coegal.com ou chamando ao teléfono 986 40 50 51.