Opciones
Sinopsis
Unha moza e dous mozos pasan o tempo despois das clases explorando as posibilidades teóricas de viaxar ao espazo , cando as cousas toman un xiro inesperado . Os seus xogos inocentes pasan a unha dimensión totalmente diferente e acaban vivindo unha frenética aventura con dous viaxeiros do tempo . Moita xente pensa que os milagres máis abraiantes se atopan no mundo da fantasía . Mais hai un mundo onde acontecen cousas tan fascinates que fan palidecer calquera arrouto da imaxinación humana . Ese mundo está aquí , agochado nos finos fíos da realidade que nos rodea . Non é produto dunha ilusión , senón das verdades que foi descubrindo e demostrando a Física . O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios de Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión , combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy , Kogy e Ure cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo .