Opciones
Sinopsis
Entre finais dos anos cincuenta e comezos dos oitenta do século XX , Carlos Valcárcel viaxou en numerosas ocasións polos arredores de Lugo , e outras partes de Galicia , para tomar fotografías . De entre o seu enorme arquivo de negativos en branco e negro publicamos agora 197 imaxes nas que o lector atento poderá contemplar o inexorable paso do tempo que xa neses anos comezaba a esvaecer os nidios trazos da cultura tradicional galega .