Opciones
Sinopsis
Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras , coma moitos outros , e coma moitos outros é difícil dar con el . Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada , con restos dunha muralla de defensa que cando foi levantada séculos atrás , era alta e maciza . Xela , gran coñecedora de todos os recunchos de Vila de Abade e da súa contorna , convida a Fuco , Carlos e Ana a unha excursión ata aquelas ruínas . Quere que lle boten unha man para resolver un enigma . Nun par de ocasións que visitara aquel castro , antes de chegar , parecéralle ver xente movéndose entre as pedras . Xente que desaparecía de súpeto , como se intuíran cando se achegaba alguén .