Opciones
Sinopsis
"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e morata..."
Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.
Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial, desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica.
"Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar da Lucenza"....