Opciones
Sinopsis
O 20 de novembro de 1984 Santi Brouard é asasinado na súa consulta de Bilbao. O Director Xeral de Seguridade do Estado, Julián Sancristóbal, dá a orde para isto ao Garda Civil Rafael Masa, e este págalle a Luis Morcillo e a Rafael Sánchez Ocaña. A morte de Brouard provocou unha fonda conmoción na sociedade vasca: presidente do HASI, membro da mesa nacional de HB, tenente alcalde de Bilbao, parlamentario, pediatra... Adur Larrea e Harkaitz Cano mergúllense mediante a ficción na intimidade do personaxe, tecendo o seu perfil público e a súa vida privada no contexto social dos anos oitenta.