Opciones
Sinopsis
Henrique Dacosta volve a súa ollada aos tempos da súa infancia para somerxernos no territorio literario que nunca abandona: a cidade de Ferrol, por un lado, e a súa fascinante costa, por outro. O realismo percorre esta escolma de relatos dispares, lembranzas dunha rapazada que medra escoitanto as historias dos vellos mariñeiros e afánase en emulalos; das rúas onde ninguén pasa desapercibido; dun Arsenal que todo o impregna...
O libro está conformado por oito relatos, enchidos de pequenas traxedias, e unha breve peza dramático-cómica. Por eles aparecen, ademais, personaxes de narracións anteriores, como o teimudo pescador Belarmino, e o torreiro Terencio e mais o seu amigo Venancia, que n´O cabo do mundo nos contan as calamidades vividas na construcción das baterías militares do cabo Prioiro.
Unha vez máis, o singular estilo de Dacosta lévanos a admirar o seu dominio da linguaxe e o seu profundo coñecemento de vocábulos e expresións dialectais que lle son propias.