Opciones
Sinopsis
A liberdade non chegou soa, detrás do papel que asinan as autoridades hai miles de persoas que durante moitos anos desafian as leis inxustas, padecen persecución e convien coa adversidade. Ás veces, esas vidas loitadoras quedan no anonimato porque a súa humildade e xenerosidade fan que o seu recoñecemento non traspase a esfera privada. Este libro pretende visibilizar a esas mulleres que suberon dar calor na fría noite de pedra, que souberon abrir unha ventá cando unha porta pechaba, que souberon subir a voz para que a escoitaran os ouvidos xordos e que souberan soñar con mil primaveras máis cando o inverno parecía eterno.