Opciones
Sinopsis
1941. No caos da Marsella en guerra, o enxeñeiro e ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte o teórico surrealista André Breton.
1950. Thibaut, un solitario loitador surrealista, camiña por unha nova e alucinóxena París, onde os nazis e a Resistencia están atrapados nun conflito sen fin e nas rúas asexan imaxes e textos que cobraron vida-e tamén forzas do Inferno. Para fuxir da cidade, Thibaut debe unirse a Sam, unha fotógrafa estadounidense, e faceren causa común cunha poderosa e enigmática figura: o cadáver exquisito.