Datos del libro

O MERCADOR DE VENECIA
WILLIAM SHAKESPEARE

  • Editorial LAIOVENTO S.L.
  • Materia TEATRO
  • Colección COLECCION XERAL
  • EAN 9788484876717
  • Estado Disponible
  • Encuadernación Bolsillo tapa blanda
  • Páginas 135
  • Tamaño 210x145x10 mm.
  • Peso 210 gr.
  • Fecha de lanzamiento: 16/08/2024
  • Idioma: Galego
Imp. incluidos 13,95€

Sinopsis

O mercador de Venecia é unha das obras máis atractivas e populares de Shakespeare. O seu título é enganoso. Antonio, mercador veneciano, pide a Shylock, prestamista xudeu, tres mil ducados para que o seu amigo Basanio, nobre veneciano empobrecido, poida ir con grande ostentación e boato competir pola man e a fortuna da fermosa Porcia. Shylock accede coa condición de que se aos tres meses non se devolve o préstamo, Antonio deberá pagar cunha libra de carne do seu corpo. Porcia non pode escoller marido libremente. Seu defunto pai deixou disposto que ten que casar co pretendente que acerte entre tres cofres (un de ouro, outro de prata e outro de chumbo) cal é o que contén o seu retrato. A historia principal da obra non é a de Antonio, senón a de Basanio, Porcia e os tres cofres.

Shylock ten un papel relativamente curto. Non é o personaxe protagonista, mais é a pedra angular da obra, o referente que queda na memoria de lectores e espectadores. Shylock é un personaxe complexo, contraditorio e susceptible de moitas interpretacións. Isa é a razón de que sexa tan atractivo para grandes actores e da popularidade da obra entre os espectadores e lectores ao longo dos séculos.

O mercador de Venecia, pese ao embrión de traxedia que contén, é unha comedia romántica e, como tal, ten un final feliz, mais con dous perdedores: Shylock e Antonio.

Libros de interés de la misma colección
24,95€ %
RAFAEL DIESTE
29,95€ %
12,10€ %
DESDE UNHA MESA DE CAFE
17,95€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
OS ASESORES
15,00€ %
ALMA DE GRILO
20,00€ %
6.O PUNTO DE ESCAROLA
9,00€ %