Datos del libro

O TESOURO DO CASTRO DA VEIGA
SANTIAGO GÓMEZ FUENTES; XOÁN CARLOS GARCÍA PORRAL; GABRIEL IGLESIAS SANMARTÍN

  • Editorial EDICIONS FERVENZA
  • Materia MITOS E LENDAS INFANTIL
  • Colección MITOS LENDAS INFANTIL
  • EAN 9788419840264
  • Estado Disponible
  • Encuadernación Tapa dura
  • Páginas 39
  • Tamaño 240x260x9 mm.
  • Peso 425 gr.
  • Fecha de lanzamiento: 10/09/2024
  • Idioma: Galego
Imp. incluidos 15,00€

Sinopsis

O tesouro do Castro da Veiga preséntase como un álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que os lectores máis cativos descubrirán unha asombrosa lenda da comarca de Deza. Trátase da terceira parte da triloxía sobre a mourindade de Deza elaborada por Xoán Carlos García Porral, cuxas historias son extensibles a toda a comunidade galega e a aquelas zonas nas que os mouros, mouras e tesouros forman parte do imaxinario colectivo. A primeira obra en saír foi As tres mouras da Fonte Lantana dedicada ás mouras, a segunda Antón e a moura do Lameiro de Viana está dedicada aos mouros, mentres que esta última pretende ter como tema central os tesouros.

Unha triloxía ilustrada para nenos, mozos e maiores na que estes seres e obxectos mitolóxicos cobran vida e son postos en valor nunha época na que a perda da memoria colectiva supón unha eiva na identidade comunitaria.

Cabe destacar que as últimas páxinas dos tres títulos inclúen un apartado didáctico con explicacións e actividades para que os máis pequenos comproben o aprendido e descubran porque é tan importante manter vivas as lendas ancestrais.

Libros de interés de la misma colección
AS TRES MOURAS DA FONTE LANTANA
15,00€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
AS TRES MOURAS DA FONTE LANTANA
15,00€ %