Opciones
Sinopsis
Sempre libres e vivas. En negro contra as violencias de xénero é un berro á sensibilización social que, neste libro, recolle o resultado dunha campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación destinataria e dos stakeholders. Apostou, tamén, por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos, de código aberto e de libre uso para toda a poboación.