Opciones
Sinopsis
A voz das anemones é sobre todo un canto á vida. Os poemas deste poemario foron nacendo aos poucos e algúns afástanse entre eles ata en máis dunha década. O seu lento abrollar esténdese sobre unha época de metamorfose: a maduración do autor que vai deixando atrás o neno que foi, preocupado por perderse a si mesmo no camiño. A procura do sentido percorre tanto os pequenos detalles dos días como as experiencias máis intensas e transcendentais que nos cambian para sempre. O primeiro amor e o desamor; o sabor do fracaso e a frustración que acompaña un presente diferente ao soñado; a denuncia social; a morriña; a familia,a amizade e o amor tranquilo; a fraxilidade extrema e a falta de control do destino; a morte, o medo e a enfermidade; a empatía e a dor, todos eles arremuíñanse nestes versos sobre un mar omnipresente que o calma todo, onde en silencio as voces das neuronas e das anemones atópanse nun canto catártico.