Opciones
Sinopsis
Estamos ante a derradeira novela escrita por Herman Melville, que non se publicaría até trinta anos despois da súa morte. A acción ten lugar a finais do século XVIII, cando o lume da Revoluación Francesa se espallou polos mares e levou a enfrontárense a dúas das grandes armadas da historia, Francia e Gran Bretaña. No medio desta guerra, un gavieiro é recrutado á forza por un buque británico. A inocencia, beleza e bandade do mozo non son ben recibidas entre os demais mariños. O autor desprega toda a experiencia das súas viaxes por mar e utiliza o seu profundo coñecemente da natureza humana para sacar á luz o mellor e o peor de nós memos.