Opciones
Sinopsis
Nesta publicación recóllense os resultados dunha investigación levada a cabo sobe os hórreos e canastros existentes no municipio ourensán de Avión. O traballo aparece estruturado en cinco grandes bloques temáticos nos que se estuda a funcionalidade arquitectónica dos canastros, o seu volume real e distribución territorial a escala parroquial e por núcleos de poboación, datas de construción e tipoloxías construtivas empregadas, grandes ocupacións, grao de abandono e tráfico ilegal de inmobles e o estado actual da súa conservación e mantemento.