Opciones
Sinopsis
"Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío pillaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Por iso, esta é a historia".
Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación.
"As cousas polo nome" publicouse por primeira vez en 2002. Tivo unha excelente acollida, até o punto de que estivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisión pública suíza.