Opciones
Sinopsis
Os grandes rabaños da serra espallándose no poñente á noitiña. Unha memoria de neve. Unha cosntelación ao lonxe reactivando as luminescencias da vida. A infancia do ollos podo dar fe. A idea de herba, a idea de uceira, a idea de pan e de paz por todos os carreiros. Inda vivos, algúns nomes debaixo dun sudario de terra queimada. Un dos derradeiros testemuños do pastoreo de alta montaña en Galicia, o espazo de acollida da cara da serra nas voces, nos xestos, na amplitude temporal dos pensamentos de presente, de pasado e de porvir das xentes do Macizo Central. O tempo inmemorial da Serra de Queixa falando, e dándolle outra calma á lectura do posible.