Opciones
Sinopsis
Nun futuro onde os humanos se crían extintos e os animais
evolucionaron de forma similar a como eran eles, aparece
Fauna, unha pequena nena humana. É atopada por Curro, un can xornalista, no medio dun debate na sociedade animal.
Curro pensa que esta pode ser a súa oportunidade de alcanzar a fama, sen se decatar de que mostrala ao público levarao a máis problemas dos que podía imaxinar.