Datos del libro

A COMPOSTELA DE BEGOÑA CAAMAÑO ( PRÓXIMA NOVIDADE)
ENCARNA OTERO CEPEDA;PASCALE LEE

  • Editorial EL PATITO EDITORIAL
  • Materia ILUSTRACION
  • Colección MULLERES EN COMPOSTELA
  • EAN 9791399077827
  • Estado Novedad. Próxima aparición
  • Encuadernación Tapa blanda
  • Páginas 72
  • Tamaño 210x150x10 mm.
  • Fecha de lanzamiento: 12/03/2026
  • Idioma: Galego
Imp. incluidos 20,00€

Sinopsis

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».
Con estas palabras, a historiadora Encarna Otero
achégase, nesta terceira entrega da serie Mulleres
en Compostela, á personalidade de Begoña Caamaño —autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026—, a propósito daqueles espazos de Santiago nos que se desenvolveu a súa vida, ilustrados pola sobresaínte acuarelista taiwanesa Pascale Lee. Esta edición conta ademais cun retrato da autora realizado polo afamado artista madrileño Fernando Vicente, ben coñecido pola súas colaboracións no suplemento cultural
Babelia, e cunha fermosa ilustración do galego Miguelanxo Prado, creada especialmente para agasallar a memoria desta escritora
prematuramente desaparecida.

Encarna Otero segue a ofrecer sucintas biografías
de mulleres «que traballaron e viviron iluminando a contorna de Compostela; mulleres
que coidaron, amaron e fixeron andainas de sosego e de loitas. Elas crearon novos territorios e, por esas andainas que elas abriron, circulan hoxe miles e miles de mulleres novas que pisan terreos xa consolidados». novidades Edicións de luxo ao alcance de todos!


Libros de interés de la misma colección
MULLERES EN COMPOSTELA. Volume II
15,00€ %
MULLERES EN COMPOSTELA
15,00€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
LAMINA PAIS DAS LETRAS
16,50€ %
POSTER XIGANTE PARA COLOREAR. PAIS DAS LETRAS
15,50€ %
AS ILLAS CÍES
30,00€ %
UNA GUIA ILUSTRADA DE LA PLAZA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
20,00€ %