Opciones
Sinopsis
A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán
e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia
a represión fascista na guerra civil, polo que
permaneceu inédita durante toda a ditadura.
Só se publicaría de maneira independente en
Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.
Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular
edición que reúne todas estes poemas xunto con
outros dispersos de Pimentel da mesma temática
de denuncia da represión franquista. Son once en
total máis o poema apócrifo en galego «Cunetas».
Estamos diante duns versos de anguria e dor,
do berro desesperado dun dos máis extraordinarios
poetas que deu Galicia.
Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez
Fer ?que repasa a traxectoria poética de
Pimentel e o significado destes versos?, e Xurxo
Martínez González, que asina o Epílogo.
Rodríguez Fer define o verso de Pimentel como
«exquisito e sensible», e a súa poética como
«existencial, íntima, solidaria, política...». No
Epílogo, Xurxo Martínez González afirma: «Eu,
ao ler os poemas de Cunetas fago meu todo o
sangue verquido pola liberdade do noso pobo e
pola fraternidade de todos os esquecidos».