Datos del libro

A MÚSICA DOS DESPRAZADOS
JAVIER GÁNDARA FEIJÓO

  • Editorial ACENTRAL FOLQUE
  • Materia MUSICA
  • Colección SONORA URBANA
  • EAN 9791399011562
  • Estado Disponible
  • Encuadernación Tapa blanda
  • Páginas 224
  • Tamaño 235x165x15 mm.
  • Peso 520 gr.
  • Fecha de lanzamiento: 12/06/2026
  • Idioma: Galego
Imp. incluidos 20,00€

Sinopsis

A música dos desprazados propón unha lectura innovadora da historia cultural galega a partir do estudo do teatro musical e das artes escénicas entre mediados do século XVIII e comezos do XIX. A obra parte de dúas hipóteses centrais: que moitos dos elementos que hoxe se consideran característicos da identidade galega foron configurados a través de representacións teatrais e musicais creadas hai máis de dous séculos e medio, frecuentemente fóra de Galicia; e que a colectividade galega e as persoas vinculadas á farándula compartiron experiencias históricas de mobilidade, emigración e desprazamento que contribuíron a modelar imaxinarios e formas de pertenza
A través dun percorrido que oscila entre a realidade histórica e a ficción escénica do setecentos, o libro revela unha Galicia plural, urbana e rural ao mesmo tempo, intensamente conectada con outros territorios da Península Ibérica e do espazo atlántico. Fronte á imaxe dun país culturalmente periférico ou empobrecido, a investigación mostra a existencia dunha sociedade dinámica, integrada en amplas redes de intercambio artístico e intelectual.

O volume constitúe tamén unha achega relevante ao estudo das relacións entre cultura e identidade colectiva, ao analizar como a música, o teatro e os espectáculos públicos contribuíron á formación de determinados discursos sobre Galicia e os galegos, algúns dos cales continúan presentes no imaxinario contemporáneo.

Como valor engadido, a publicación incorpora a edición diplomática da Representación a San Roque, unha obra teatral do século XVIII que permanecía inédita ata o presente. O texto conserva extensas pasaxes en lingua galega nun período no que o seu uso público estaba fortemente limitado, converténdose nun documento de excepcional interese para a historia cultural e lingüística de Galicia.

Libros de interés de la misma colección
CHANE. O NACEMENTO DA MUSICA POPULAR GALEGA
20,00€ %
TAIBO
20,00€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
CANTA A LUA COAS ESTRELAS
15,00€ %
CANTIGAS LIRICAS GALEGAS
18,00€ %
TANTO ENCANTO REUNIDO
25,00€ %
A REQUINTA DA ULLA. OBRADOIRO RIOBO (CONTEN CD)
35,00€ %