Opciones
Sinopsis
O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue artellar en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos via aceptando ese novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarías. Maís a súa memoria comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou agochar os efectos da enfermidade. Engurras conta con precisión e dende unha ollada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellerz. Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008, que segue a captar galardóns e novos lectores, e que conta xa con adaptación ao cinema.