Opciones
Sinopsis
Dania Vitoria é unha nena de doce anos con dous ollos , dúas pernas , dous brazos , unha cabeza ... vaia , o normal . Mais quen quere ser normal ? . Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger . Asperger ? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida ! Velaquí a historia ducha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura . Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata , coas ferramentas da ficción , as vivencias das nenas e nenos con Transtorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día .