Opciones
Sinopsis
No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito . Como é posbile , se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX ? Jon Bécquer , un detective de obras de arte que está a descubrir as marabillas da Ribeira Sacra , tomará moi a peito descubrir que hai de certo na lenda dos nove aneis de Santo Estevo e en desentrañar o enigma daquea morte . Na súa pesquis vai dar co legado de Marina Vallejo , unha moza vallisoletana que viviu os derradeiros anos de vida monástica , na década do 1830 , pelexando por conducir o seu propio destino e esquivar a represión que sufrrían as mulleres naquel tempo convulso de absolutismo e cólera . O souto dos carto ventos é a primeira novela de María Oruña publicada en galego . A edición galega d' O souto dos catro ventos inclúe A viaxe dos nove aneis , onde a autora nos fala da materia prima , feita de terra e soños , de onde agramou esta novela .