Opciones
Sinopsis
Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Quen é esa nena que leva sempre unha tartaruga no alto da cocorota? Por que apreixala o máis desapiadado asasino do imperio? Abel Alves e Jorge Campos compoñen unha trepidante historia de aventuras, unha homenaxe á cultura do Xapón. Unha lectura que te vai deixar sen alento.