Opcións
Sinopse
A través deste volume mergullámonos na vida dunha das nosas artistas maís rompedoras. Coñecemos a aquela nena que amarrou con forza o soño de se converter nunha extraordinaria pintora.
Ela era unha muller apaixonante e apixonada.
Unha muller intelixente, estudada que prendeu nas cores vivas, nas formas xeométricas, nos cosmos e todo aquilo que podía representar nos seus lenzos. Unha muller que fixo unha personaxe de si mesma e que non deixaba indiferente a quen se cruzaba no seu camiño.
Unha muller libre e comprometida.
Unha muller leal ás amizades e, sobre todo, unha muller brava.
Ela era... Maruja Mallo.