Opcións
Sinopse
Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos dedicados a mulleres galegas singulares , que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia , tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas , as máis próximas a nós . Poemas que comentan Sabela e Roi , unha nena e un neno coma vós , ás veces con sorpresa , porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcurridos . Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares , que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación . Feminino singular , en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable , xusta e de igualdade entre mulleres e homes .