Opcións
Sinopse
A receita de hoxe é unha forma sa e saludable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade . A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son imcompatibles coa vida . Ingredientes : equidade , empatía , sonoridade e disidencia . Elaboración : abrir as páxinas da novela , ler para divertirse , reflexionar sobre o seu contido e , antes de pechala , procurar que o pouso non esvaeza . Non é necesario engadirlle prebe ningún . A retranca e o humor xa son excelentes condimentos . +saos ao gusto . Goza da lectura e , se che gusta , comparte esta receita nas túa rede social favorita !