Datos do libro

O PEXEGO MECANICO
VICTOR TIZON

  • Editora DEMO EDITORIAL
  • Materia BANDA DESEÑADA
  • Colección HAINOS COLECCION
  • EAN 9788412249163
  • Estado Normal
  • Peso 260
  • Data de lanzamento: 21/05/2021
Imp.incluídos 13,90€

Sinopse

Sentado á porta do mercado , onde Rosendo vende pan de figo , o coello canta aquela de Los Chichos : << Liebre liebre quiero ser , quiero ser , quiero ser liebre >> . Rosendo vende tamén pan de centeo ( << cienteno >> en castelán fundamentalista ) , revolto de allos con ollos e fanegas de fanecas fanadas . Aos bos clientes , cando vai frío , agasállaos cun groliño de licor de pescada . Por diante pasa unha hipotética hipotenusa espeluxada coa súa filla da man , que chora laiándose : << Madre , darme merda ! >> . << Agora non , nena >> - respóndelle - << agora temos que dilucidar o paradoiro de Lucila ; logo , en Lugo , se acaso ... >> . De súpeto , un individuo entre voceando : << Eu acúsoo a vostede ! >> . << De que ? >> - pregunta o aludido . << De recibo !>>. O segurata do mercado sae da súa garita cabreado : << A calar todo o mundo , estou a mirar o partido ! >>. << E como van ? >> - pregunta un hipócrita apócrito . << Mal , o árbitro acaba de anular un gol de penalti por fóra de xogo do propio xogador que o lanzou >> . Mirando toda a escena , unha señora alta , pálida , con vestido negro e resplandecente gadaña , rosma : << Durme ... Durme.. Deixa que todo continúe sen ti >>.