Opcións
Sinopse
En Castro Rosa vive un grupiño de nenas e nenos coñecidos no lugar como a cuadrilla de Castro Rosa : son Juan Carlos , Sonia , Beltrán , Gabriela e Tito . Cada día , de camiño a escola , ven pasar unha chea de xente cargada con mochilas e bastóns . Cando lles contan que son peregrinos que fan o Camiño de Santiago deciden unirse a eles e comezan a preparar todo para facer o tramo que pasa pola súa vila ese mesmo verán . Unha aventura á que se unirá o primo mozambicano de Gabriela que lles fará vivir unha aventura que non esquecerán xamais .