Opcións
Sinopse
Peixes de cores , diminutos cabaliños de mar , polbos arteiros ... son estes todos animais que viven no arrecife de coral . As mormas augas tropicais garanten o alimento e as fendas dos arrecifes , un acubillo perfecto. Mergúllate no mar e explora os recunchos do arrecife de coral . Bota unha ollada nas fisgoas e descubre onde se agocha cada animal .
Un libro troquelado a toda cor que semella nos introduce nas profundiades mariñas para coñecermos os biótopos deste espectacular ecosistema .