Datos do libro

CONTOS DE SEU
XOSÉ TOMAS

  • Editora AS-PG AS. SOCIOPEDAGOXICA GALEGA
  • Materia BANDA DESEÑADA INFANTIL
  • Colección VARIOS
  • EAN 9788494965951
  • Estado Disponible
  • Encadernación Cartoné
  • Tamaño 250x175x10 mm.
  • Peso 425 gr.
  • Data de lanzamento: 04/02/2022
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 10,00€

Sinopse

" Contos de Seu " é unha homenaxe. A un autor , Ánxel Fole , e , sobre todo , a unha visión do mundo , que é o que unha cultura ten e a fai ser o que é : a súa mirada .

Unha mirada que esculca, amable na dureza , de verdades suxeridas , e de estoica aceptación das cruezas da existencia . Esa mirada desta cultura , a galega , é a que tan maxistralmente plasmou Fole na súa obra , nos seus contos . Personaxes narrados e vivencias descritas , riqueza nas palabras e nos recantos dos pensamentos , retrato fotográfico de lugares e momentos , de relacións vitais , dun universo que foi .

" Contos de seu " non é un libro sobre Ánxel Fole , nin unha versión en banda deseñada dos seus contos . Trátase , pola contra , dunha obra resultante do pouso que queda tras a súa lectura . Son historias que beben do seu ambiente , do seu cheiro , da súa retranca e do seu misterio .

Libros de interés da mesma colección
OS SOÑOS NA GAIOLA(CD)
10,00€ %
ABRACADABRAS
15,38€ %
CANCIONS PARA ANTIA
15,38€ %
E O VERBO (DVD)
10,25€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
DE CANDO ANTONIO FRAGUAS FOI ALUMNO DE CASTELAO
6,00€ %
RICARDO CARVALHO CALERO
6,00€ %
ASTRO RATO Nº5
12,00€ %