Opcións
Sinopse
Eran aqueles os anos do ferro e do lume . A tolería dos homes destara unha nova guerra máis terrible e horrenda que todas as anteriores . Pelexaban con saña e furor cego en todos os campos do mundo . O odio , a soberbia e o afán de dominio apoderárase das súas mentes , arrastrándose ao feroz asasinato que , inutilmente , trataban de xustificar co patriotismo , a liberdade e a razón .
Mais , aquilo só era o principio . Era , en verdade , una época de escuridade e miseria , pero os males do Mundo apenas tiñan comezado . Unha conspiración maligna estábase forxando naquela escuridade . Era a Soberbia a súa principal forxadara axudada polo Odio xa introducidos na mente e no corazón dos homes , simples monicreques nas súas poderosas poutas.