Datos do libro

XOSÉ VELO . TEXTOS ESCOLLIDOS
XOSÉ VELO

  • Editora ARRAIANOS EDICIONS
  • Materia ENSAIO
  • Colección VARIOS
  • EAN 9788484575061
  • Estado Normal
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 163
  • Tamaño 210x210x10 mm.
  • Peso 400
  • Data de lanzamento: 06/05/2022
Imp.incluídos 22,00€

Sinopse

Animal político , Xosé Velo non foi animal de rebaño . Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo , puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o instinto ) aos ditados de calquera organización . Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos . Se cadra é por iso que , malia ter vivido en primeira liña a República , a guerra e a resistencia antifranquista , tanto no interior como no exteiror ( co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro de Santa María ) , segue sendo un recordo borrroso para os vellos , unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos .

Menos coñecidos aínda son os seus escritos . É certo que non puido ou non quixo facer carreira de escritor , mais nunca deixou completamente de escribir e, en menor medida , de publicar . Toucou moitos paus: poesía , ensaio , artigos , prólogos , discursos , cartas .... Case sempre movido polas urxencias históricas de cada día ; ás veces , tratando de descifrar unha estraña música que escoitou por primeira vez nalgún lugar oculto de Celanova .

Este volume aspira modestamente a remediar a situación anterior dando a coñecer unha mostra ampla dos escritos de Velo . Cincuenta anos despois da súa morte, está por ver se - para alén de seren testemuña do paso dun home polo mundo - teñen algo permanente que dicirnos .