Datos do libro

DONAS DE NÓS
ÁNXELA GRACIÁN

  • Editora BAIA EDICIONS S.L.
  • Materia NARRATIVA INFANTIL XUVENIL
  • Colección MEIGA MOIRA
  • EAN 9788499954066
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 92
  • Tamaño 190x130x5 mm.
  • Peso 140 gr.
  • Data de lanzamento: 15/07/2022
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 9,65€

Sinopse

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022.
O xurado valorou na obra:
A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista.

Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal.

***

A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente para todos.

Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo.

Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.

Libros de interés da mesma colección
O LUME DOS SOÑOS (MEIGA MOIRA)
11,05€ %
UN MARCIANO NESTE MUNDO (MEIGA MOIRA)
11,05€ %
NOROCAI (MEIGA MOIRA)
11,05€ %
MOKO (MEIGA MOIRA)
11,05€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
OS IMITADORES
14,00€ %
POLLYANNA
18,00€ %
PEGADAS DE BÚFALO
12,00€ %