Opcións
Sinopse
Xo sé rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena Moura, co que medrou servíndolle como fiel guía e recibindo en pago os refugos dos vencedores. Xoguetes para nenos cegos é un relato sórdido, doloroso nalgúns momentos, anguriante noutros, dun tempo non afastado de opresión, miseria e incultura. Luz Darriba impregna a narración dun ritmo in crescendo para remexernos por dentro e mostrarnos, sen paliativos, os abismos aos que dirixe a cegueira humana. Coa súa primeira novela en galego, Abril (Belagua, 2020) sorprendeu a público e crítica cunha temática inusual nas nosas letras, a dictadura arxentina. Un ano despois, a editorial Belagua publica Xoguetes para nenos cegos, publicada en castelán en 2015. Os seus relatos forman parte de moitas antoloxías en España e Latinoamérica (como Bovarismos, antoloxía de relatos escritos por mulleres). Escribe unha columna semanal en Nósdiario e colabora con distintas publicacións internacionais.