Opcións
Sinopse
Libro infantil da Colección Os Balbinos, con ilustracións a cor e encadernado en tapa dura, no que se narran as aventuras acaecidas á familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os seus pais Lena e Lino, na súa visita ao Concello de Silleda.
Trátase dun libro no que tanto cativos como adultos descobren máis deste municipio e todos os tesouros patrimonias e históricos que agocha este concello.
Personaxes emblemáticos, lugares lendarios, festas, tradicións, gastronomía... Unha morea de aventuras que permitirán ao lector descubrir, dun xeito lúdico, toda a cultura silledense e a importancia de que sexa divulgada e recoñecida.